Barat, Juan Ramón

Expediente Bécquer / Juan Ramón, Barat - 1ªed - España : Vicens Vivens , 2025 - 253 p. ; 23 cm - Nueve alas .

Susana Lobo é unha moza intelixente e rebelde de dezaseis anos, filla única dun matrimonio acomodado. A súa vida transcorre con absoluta normalidade ata que, certo día, descobre por azar unha dedicatoria moi estraña nun libro de Gustavo Adolfo Bécquer que a súa nai garda entre as súas cousas de solteira.

Cando trata de averiguar que misterio se esconde tras esa dedicatoria, súa nai reacciona con evasivas e reticencias, o que esperta na rapaza a sospeita dalgo turbio. Susana decide investigar pola súa conta e pronto averigua que a súa nai esconde nun caixón oculto da súa habitación obxectos, cartas e recordos de solteira. Cousas que evidencian unha misteriosa historia da que nunca lle falaron e que ten que ver con ela.

Cada vez que a xoven avanza un paso na súa investigación secreta, os enfrentamentos cos seus pais fanse máis e máis encarnizados. pouco a pouco, o seu mundo desmorónase. un mundo que ela descubre sustentado sobre un entramado de mentiras, escuridade e morte. [En cuarta de cuberta; sinopse elaborada pola editorial. Traducida do castelá ao galego.]

3º-4º ESO

9788411932387


misterio
amizade
familia

82-N

Coa tecnoloxía Koha